A decisión de Fomento de suprimir a peaxe no tramo da autoestrada entre Redondela e Vigo é acollida con satisfacción por parte de todos os colectivos que dende hai anos viñan reclamando que se eliminase ese cobro. A Asociación de Afectados pola AP-9, a Asociación de veciños de Chapela, o colectivo de empresarios e o propio concello celebran a eliminación dunha “peaxe inxusta”. A súa retirada definitiva producirase unha vez Audasa e o Ministerio negocien os tempos e a fórmula, que previsiblemente pasará por repercutir ese custe na tarifa xeral que se abona na autoestrada.

Unha “magnífica noticia” en palabras do alcalde Javier Bas a recibida a primeira hora da tarde de onte cando se facía público o compromiso de Fomento de eliminar a peaxe en Rande. Lembra o alcalde que este anuncio é froito de moitos anos de traballo e negociación e aproveitou para agradecer “a implicación do presidente da Xunta e a Conselleira Ethel Vázquez na negociación”.

 

Fonte Radio Redondela