A finais de marzo deixará de estar en funcionamento a tarxeta verde que permite aos usuarios do Vitrasa gozar de rebaixas no billete. Nesa data entrará en vigor a coñecida como passVigo, accesible exclusivamente aos empadroados na cidade. O goberno local dubida de que esas restricións se vaian facer efectivas   consideran que Vigo non ten capacidade xurídica para establecer bonificacións no transporte urbano en base ao lugar de empadroamento do usuario”. En todo caso, instan ao alcalde vigués, Abel Caballero “a non ser corto de miras” e cumprir o Convenio do transporte Metropolitano.

“O bonobús é un abono para todos os que usan o autobús, independentemente do seu empadroamento”, este argumento é esgrimido dende o goberno local para non actuar, polo de agora, nun problema que afecta a numerosos veciños do noso concello. Son usuarios do Vitrasa, sobre todo de Chapela pero tamén de Trasmañó, Rande, Vilar e outros parroquias que ven como un feito consumado que a partir de marzo terán que comezar a pagar 1,35 euros por un billete que actualmente lles custa 0,89.

 

Fonte Radio Redondela

Foto portada: Comarcas na rede