Centos de veciños de Chapela e deTeis saíron hoxe a rúa para reclamar das administracións datas concretas para a eliminación da peaxe de Redondela. O pasado martes anunciouse a súa liberalización pero os veciños destas parroquias continuarán coas súas mobilizacions ata que as administracións concreten os prazos para a súa supresión. Agardan que a decisión non se traduza nun aumento doutras peaxes para os usuarios da autoestrada. Esta tarde cortaron tráfico e concentráronse para esixir outras vellas demandas en relación coa AP-9. Entre elas, a súa conversión en tramo urbano dende as Torres de Padín e medidas contra a contaminación acústica que provoca.

 

Fonte : TVG