E xa están no mercado os primeiros chocos de Redondela. Esta semana comezaba a campaña. A confraría está satisfeita con estes primeiros en que están a traballar unha ducía de embarcacións. De momento falan de boas capturas, uns 12 quilos por tripulación, e de bos prezos xa que andan entre os 7 e os 8 euros o quilo. A campaña durará cinco meses e o mellor momento adoita ser marzo, cando saen faenar ata 40 embarcacións.