A Cafetería Os amigos representará a Redondela na final de tapas do Pergamiño Vindel que se celebrará no Museo do Mar dentro dun par de meses, Mijo Verde foi o petisco gañador do xurado xa que por parte do público que degustou as tapas a gañadora foi para Casa Rei pola tapa Zamburiña con Castañas. Para Hilda Pires cociñeira da Cafetería Os Amigos foi unha nova que non esperaba e agradece ó xurado pola súa elección, Hilda comentounos que para realizar este petisco tivo que meterse no papel da historia do Pergamiño xa que leu moita información sobre el.Tamén asegura que defenderá o seu petisco na gran final e deixara a Redondela ben alto no concurso.