Aló polos anos 90 adoitaba ir a casa do meu amigo Roberto na “Telleira ” os dous practicábamos o mesmo deporte de aí a nosa amizade, un día presentoume o seu avó o señor Agustín e dende aí decidimos Agustín e máis eu en ser amigos, cada vez que nos ve íamos parábamos un anaco a falar, do que, era o de menos.

O señor Agustín era das persoas que sempre estaba predisposto a falar de calquera tema, xa que sempre tiña moi boas palabras para continuar coa conversa, sempre comezaba o diálogo dicindo ” como vai todo ” sempre se interesaba polos demais e nunca se queixaba de nada xa fora o día que fora que el dicía “eu estou ben”, despois de varios minutos largos de parrafada despedíase dicindo “saúda ós teus pais” sempre estaba atento a todo o mundo.

No vídeo de hoxe homenaxeamos ó señor Agustín tal e como era el, unha persoa campechana, humilde e educada sempre escoitando aos demais para logo darche un resposta axeitada, neste caso do que máis sabía o mar, xa que foi o seu medio de traballo. O tempo non se detén para os nostálxicos pero os recordos a través das imaxes fai o posible para que suceda.

Agradecemos as imaxes cedidas a Tono Orge, alá onde esteas espero que teñas de boa wifi para poder verte detido no tempo.