E hoxe tamén fomos ver outro xeito de celebrar o Entroido, no colexio Porto Cabeiro de Redondela. Entre todos os alumnos representaron unha función do circo cun fin solidario: o seu público serán os nenos e as nenas ingresadas no Hospital Álvaro Cunqueiro. Benvidos ao Circo Porto Cabeiro, un espectáculo creado polos escolares deste centro de Redondela. Aquí non falta de nada, teñen ata a clásica carpa que hai en todas as funcións.

Pallasos, malabaristas, bailarinas… Nesta función non falta de nada.
Esta función ten uns fins solidarios, o espectáculo foi gravado para que os nenos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro pasen un momento agradable vendo a súa función. Ademais todos os asistentes pagaron unha entrada solidaria para recadar cartos para o proxecto ‘Tiritas por sonrisa’, que son os encargados de ir ver os cativos aos centros hospitalarios. Estes rapaces levan preparando a función dende o mes de novembro.