O C.E.I.P. Porto Cabeiro está acollido ó (PLAMBE) Plan de mellora de bibliotecas escolares e todos os anos preparan un proxecto para traballar cos alumnos e alumnas do centro. A raíz dunha visita ao colexio dun grupo de xente da asociación Sonrisas por Tiritas – da Asociación Berce decidiron preparan para este ano un proxecto relacionado co circo.

Rapidamente puxéronse a traballar no proxecto que sería multidisciplinar xa que se traballaron varios temas ó redor do circo como a literatura, pintura o arte etc tanto o equipo de dinamización como o de extra escolares decidiron unirse ó proxecto, e deste xeito plasmar o traballo realizado na organización dun circo.

Cada neno e nena do centro escolar tiñan unha tarefa dentro do proxecto, domadores, trapecistas, magos e así ata un sin fin de profesións que abranguen a o circo, o traballo ten como iniciativa final a colaboración benéfica coa asociación Sonrisas por Tiritas e todo e recadado formará parte do excelente traballo que realiza a Asociación no hospital Álvaro Cunqueiro.