A queima do meco e a tirada de fogos pechaba o Carnaval nunha fin de semana cargada de actividade e na que o bo tempo permitiu finalmente que se celebrarse tanto o desfile de comparsas como o concurso no que participaron tanto grandes como cativos. Unha xornada intensa que arrancaba as 11:30 horas co desfile adiado do pasado domingo e no que participaron as 21 comparsas inscritas. Pola tarde os cativos gozaron de actividades na praza da Constitución, volvendo congregar na alameda a Queima do meco a centos de persoas que non quixeron perder como as lapas devoraban á “vespa Abelutina”.

A comparsa Estrelas da Noite de Tomiño fíxose co primeiro premio, incrementando o palmarés que lle ten reportado numerosos premio ao longo deste Entroido mentres que a Asociación Terra de Condes recibiu o segundo.

Houbo tamén concurso no que participaron grandes e cativos, que non quixeron deixar pasar a oportunidade de disfrazarse unha vez máis neste Entroido 2018. Os premios neste caso foron para un grupo de persoas disfrazados de bolsos de deseño quen se presentaron baixo o nome “Carnaval Fashion” mentres que na categoría de parellas os gañadores foron dous cativos disfrazados dos coñecidos robots da saga Star Wars.