Os ladróns entraron pola ventá ao salón parroquial onde estaba a campá para unha reparación. É unha peza de bronce maciza valorada nuns tres mil euros. Os veciños axudaron á identificación dos detidos que, segundo fontes policiais, xa venderían a campá en Portugal.

Aproveitaron que a porta estaba aberta debido a unha obras que se estaban a realizar na igrexa para coarse no salón parroquial. Deixaron a ventá entreaberta e, cando xa non había ninguén, volveron e accederon ao interior. Unha vez dentro levaron a campá de bronce maciza, cun peso que supera os cincuenta quilos.

A campá, con dous séculos de antigüidade, está valorada nuns tres mil euros e estaba pendente de ser reparada. Segundo fontes policiais, a campá xa puido ser vendida en Portugal.

Os veciños da zona deron as claves para que os ladróns fosen identificados. A Policía Nacional detivo catro persoas en relación co roubo. Dos catro detidos, dous son un pai e un fillo. Todos teñen antecedentes penais.