Xurxo Martínez é o Técnico de Normalización Lingüística do Concello de Redondela e un dos responsables que a día de hoxe a antiga alameda de Chapela pasara a ser alameda Rosalía de Castro.  O Concello de Redondela celebraba deste xeito o día dedicado á nosa galega máis universal cun acto homenaxe no que se deu lectura a diferentes textos da escritora e se descubriu a placa coa nova denominación deste espazo no centro da parroquia. Dábase así resposta ao acordo plenario que, en base a unha proposta do Servizo de Normalización Lingüística, acordaba por unanimidade que o nome de Rosalía pasara a ter un espazo propio no noso municipio.