Os poemas musicados na voz de Najla Shami e as lecturas de diferentes mulleres dos textos de Rosalía foron protagonistas dun acto oficial que se desenvolvía na tarde do sábado na Alameda de Chapela. Dende a Fundación Rosalía de Castro o seu presidente, Anxo Angueira, desculpábase a través dun escrito da súa ausencia e felicitaba ao concello por este recoñecemento “amosando unha vez máis o camiño de compromiso coa cultural galega que dende hai anos identifica a Redondela”.

En representación do concello o alcalde, Javier Bas, salientou na súa intervención a “honra de dedicarlle a Rosalía un espazo público tan querido para os veciños de Chapela”.Tamén satisfacción a que amosaba a concelleiro de Cultura, Teresa París, porque este recoñecemento “se produza sendo eu responsable de Cultura” e aproveitaba a súa intervención para lembrar a Mª José Mateo “Sesé” a veciña desta parroquia que hai un ano era asasinada pola súa exparella.