A parroquia redondelá de Trasmañó está a sufrir unha vaga de roubos nas vivendas dende hai uns meses segundo manifestan os seus veciños. Os asaltantes acceden ás vivendas aproveitando que os seus donos non están no seu interior e levan cartos e xoias, remexen todo o interior en busca de obxectos de valor. Pola forma de actuar, os afectados sospeitan que alguén da zona os avisa cando unha vivenda está baleira. Esta é unha parroquia onde as casas están moi dispersas, hai moitos camiños e o monte está pegado polo que poden escapar por calquera lugar. Moitas das casas están habitadas por persoas maiores e que viven soas. Os veciños solicitan máis presenza policial na zona.

 

Fonte tvg