Aló polos anos 90 Redondela destacaba polo gran número de grupos musicais, gran culpa diso era de Suso Ben que por aquel entón as súas clases de guitarra eran todo un referente na Vila. Un dos locais de ensaios mais coñecidos era o antigo instituto situado no que hoxe en día é edificio multiusos da Xunqueira. Un dos referentes musicais dos que apenas tiñas a maioría de idade era Trasgo formado por Javi, Quico, Pablo e Juán “Pipa” o seu estilo transgresor para aquela época e as súas guitarras resgadas levounos a ter moitos seareiros. Rescatamos un dos vídeos que o grupo realizou no plató da TVG nun programa especial sobre Redondela, sen dúbida toda unha xoia musical para o recordo, agradecemos a Tono Orge a cesión das imaxes.