600 cartas de amor escritas entre o eminente oculista Antón Beiras e a súa muller Antía Cal -a fundadora do Colexio Rosalía na cidade de Vigo- ven a luz despois de máis de 50 anos agochadas nun baúl. A voz de Antón leva a Tita a emprender unha viaxe no tempo que a leva ata a casa familiar de Muras (Lugo) e alí comeza un diálogo entre ela e unha casa parada no tempo, a fera paisaxe invernal da Serra do Xistral, o manso pasar do río Eume e a voz do seu defunto compañeiro que lle fala dende aquelas cartas. Desa conversa nace A Palabra Xusta. Unha película para coñecer mellor á muller que viviu entregada á causa da mellor educación.

O acto está enmarcado dentro das actividades que o concello de Redodnela realiza polo día 8 de Marzo o documental porxéctase no multiusos da Xunqueira ás 20h