Xornada histórica a que se está a vivir hoxe en todo o país coa mobililización das mulleres que se suman a unha folga convocada por colectivos feministas e que secundan tamén partidos políticos e sindicatos. No caso de Redondela os actos chegan enfrontados, con dúas convocatorias a un tempo que se desenvolvían en prazas separadas tan só por unha rúa Un acto que consistiu na lectura do manifesto institucional e a achega de varias mulleres que trasladaron as súas mensaxes e reflexións a través de diferentes lecturas. Ao redor dun cento de persoas asistían a este acto que contou tamén coa música en directo da pianista Noemí Salomón.