Actos institucionais fronte a convocatorias reivindicativas é o que se vivía na mañá de hoxe en Redondela. Dous actos que coincidiron no tempo e que amosaron o diferente xeito de entender o 8 de Marzo cando a organización radica no Concello, a través da súa concellería da Muller, ou cando son os colectivos feministas os que convocan a mobilización.

Na praza da Constitución, un grupo máis numeroso, dunhas 500 persoas, concentrábase convocado pola Asociación Feminista. Houbo tamén nese caso lecturas de textos de marcado carácter reivindicativo e cánticos nos que se denunciaba a situación de discriminación das mulleres “queremos emprego, traballo xa temos” e se criticaba as políticas do PP.

Acto este último marcado tamén polas recentes declaracións da concelleira da Muller, Teresa París, quen argumentaba a negativa do seu departamento a secundar a folga feminista por entender que “as desigualdades non se resolven saíndo a rúa”. Unhas palabras que espertaron enorme malestar entre o colectivo feminista pero tamén entre os partidos políticos da oposición ou dos propios sindicatos do concello, que facían un chamamento aos traballadores municipais para que secundaron a folga.