O don de curar é un regalo, pero tamén unha obriga. A que foi bendicida con el ten poder sobre os demais, pero tamén é a súa escrava, porque non pode negarse a aplicar o remedio nin tampouco cobrar por el. E movendo os fíos desta relación de poderes tan complexa están Deus e os Santos, que son os que realmente curan usando unha persoa como mediadora.