Á terceira vai a vencida, esta semana celebrábase baixo mínimos o pleno no Concello de Redondela tras dous intentos as semanas anteriores. Tras o minuto de silencio de rigor comezaron as protestas por parte dos asistentes ao pleno ” estafados ” polas preferentes. Tras comezar os berros á corporación a policía local actuou de forma pacífica desaloxando aos afectados da sala. O P.S.O.E o B.N.G eo grupo A.E.R decidiron non comparecer ao pleno como medida de solidariedade, o grupo popular foi o único partido que celebrou o acto.