O mércores, 17 de abril, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Redondela, terá lugar a presentación e coloquio do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón.
O acto, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela, Bibliotecas Municipais de Redondela e Xerais, forma parte da V Semana do libro: a festa das palabras.