O colectivo redondelán Alén Nós convidou ao fiscal superior de Galicia Carlos Varela García a dar unha charla sobre a corrupción a niveis xeral, o fiscal centrou gran parte do seu tempo en falar da “estafa” que está a ocorrer cos afectados das preferentes. Para Carlos Varela este problema que lles está a suceder a gran parte dos galegos ten unha solución moi clara, todos os casos de preferentes están cortados polo mesmo patrón subliñe o fiscal e non se está a facer o suficiente para arranxar este grave problema.