Darío non coñece o mundo que o rodea. Nunca viu o rostro da súa nai, nin sequera escoitou a súa voz. É sordociego de nacemento, unha condición descoñecida para moitas persoas. O sol é para el unha sensación agradable de calor; un xardín convértese nunha mestura de olores en liberdade; a música redúcese ás vibracións que a orixinan. Para Darío, as súas mans son os seus ollos. A maioría dos sordociegos conxénitos nunca aprenderán a comunicarse cos demais. Aínda así, a nai de Darío leva máis de 10 anos loitando para abrir a porta ao mundo ao seu fillo.

Proxeccións no Festival “Redondela en Curto”: Xoves 25 (21h) e sábado 27 (20h)

Máis info: http://www.redondelaencurto.com/cortos4.html