Diego Cobo alcume ‘Mwëslee’ é un artista e produtor afincado en Vigo. É un dos membros fundadores de Arkestra, colectivo convertido nun dos epicentros da vangarda musical “dende Galicia para o mundo”. Mwëslee participou en numerosos concertos representando a Rede Bull Music Academy, SÓNAR 06 e 09, e un longo etc.

Mwëslee actuará na inauguración do Festival “Redondela en Curto”, o xoves 25 ás 21 h no Multiúsos de Redondela.