Mirta é cubana e vive en Madrid. Como moitas inmigrantes traballa na limpeza. Hoxe ás seis da tarde casa a súa filla. Pero nada sae como ela planea, e chegar a esa voda é mais difícil do que parece.

Curta nominada aos premios Goya 2013 a mellor curta de ficción.

Proxeccións no Festival “Redondela en Curto”: venres 26 (22h) e domingo 28 (20h).

Máis info: http://www.redondelaencurto.com/cortos13.html