Hoxe domingo 28 de abril clausúrase a 9ª edición do “Festival Redondela en Curto”. Despois de máis de 600 curtametraxes recibidas a través de diversas plataformas dixitais on-line, seleccionáronse 16 a concurso e esta noite coñeceranse as 2 gañadoras que recibirán o premio do xurado e do público.
A destacar este ano foi a colaboración do festival coa asociación ANDAINA de Redondela de pais e nais de nenos e nenas con necesidades especiais para fomentar a concienciación social ante esta realidade. E tamén a doazón de parte da recadación das entradas ao equipo de discapacitados intelectuais do Racing Club de Chapela para axudar a financiar a participación de varios dos seus integrantes no campionato de Europa de natación que se celebrará proximamente en Portugal.