No pleno celebrado o pasado luns no Concello de Redondela aprobouse a  adxudicación da xestión do centro acuático de Chapela a unha empresa privada, o portavoz de AER comunicou que unha vez máis estanse a facer as cousas mal xa que non se lle debe de dar a adxudicación a ningún centro privado este tipo de concesión. Pola parte do P.S.O.E e o B.N.G recoñeceron que non é o mellor xeito de dar adxudicacións pero consideran que é un caso de urxencia e non se debe atrasar máis o centro acuático de Chapela.