O proxecto “Mar, traballo e patrimonio” que coordina a cooperativa medioambiental Trespés, organiza unha serie de xornadas de limpeza de praias e faino con escolares. O obxectivo é concienciar os rapaces de Redondela da importancia de manter limpo e conservar o ámbito natural nas mellores condicións posibles.