4 comuneiros de Cabeiro en Redondela tiveron que declarar ante a Garda civil por unha corta de piñeiros que se fixo sen respectar unha zona de especial cautela arqueolóxica.
A corta tivo lugar no parque arqueolóxico de Monte Penide onde hai máis de 40 mámoas, a maioría delas sen escavar. En lugares como este non pode entrar maquinaria pesada e hai que respectar un raio de 200 metros. O yacimento arqueolóxico de Monte Penide está declarado ben de interese cultural dende os anos 70 e é dos máis importantes de toda Galicia en canto a estes túmulos funerarios.