Os membros da Comunidade de Montes de Chapela denuncian a existencia de once puntos de verteduras incontroladas nos seus terreos. Ademais do dano ambiental quéixanse de ter que pagar multas por estes delitos ecolóxicos dos que non son responsables. Outro dos problemas é que non teñen medios para retirar estes residuos e reclaman axudas e unha maior conciencia cívica aos infractores.