Como xa é tradicional o 1 de Maio celébrase a coñecida festa dos Maios. A festa consiste en realizar diversas representacións ao redor dunha escultura( o maio). Os integrantes dos maios cantan coplas populares , ás veces dialogadas, mentres camiñan arredor da escultura, acompañados da percusión de dous paus. Era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo que, por Lugo e Ourense, adoitaba consistir nunha presada de castañas noces ou abelás, substituído hoxe por diñeiro. Paulo Medal saíu a rúa para narrar o acontecido en Redondela