QUEN SOMOS

RedondelaTV é un portal de webtv que nace como medio de comunicación dixital e audiovisual online coa intención de cubrir todo o territorio de Redondela e arredores.
A través dunha serie de canles de vídeo en internet, aposta por ofrecer fundamentalmente contidos audiovisuais de información e entretemento de ámbito local que sexan do interese xeral de todos os cidadáns.

As temáticas que se tratan son diversas: O patrimonio histórico e cultural, a política, o mar, a natureza, a música, a gastronomía, os deportes, o humor, as temáticas sociais, etc. Todos estes temas móstranse sempre a través de vídeos amenos de curta duración en formato de entrevistas, reportaxes, vídeoclips, documentais o series.

RedondelaTV pretende ser un portal de referencia onde poidan consultarse a nivel visual temas de actualidade a través dunha programación entretida e diversa.
O noso concepto é o dunha televisión local convencional pero integrada nunha contorna web en internet onde prevalezan os contidos de ámbito local, a promoción de empresas, negocios ou entidades e institucións, e a diversidade cultural a través de pequenas cápsulas de vídeo de curta duración.

RedondelaTV cobre todos aqueles eventos relacionados co Concello de Redondela e a súa actividade política e social para manter informado ao cidadán sobre todas aquelas cuestións que sexan de especial interese; plenos do concello, retransmisións en directo via streaming e información xeral directa do concello.

RedondelaTV quere que todos participen asi que ideamos un sistema de vídeo-reportaxes promocionais onde poidan anunciarse ou promocionarse todas aquelas empresas, asociacións, colectivos, negocios ou persoas interesadas. A intención deste sistema é promocionar e dar a coñecer estas entidades ou persoas pero sempre dun xeito entretido e divulgativa para o público.

RedondelaTV tamén cobre o municipio de Chapela para ter en conta a esta localidade como parte importante de toda a rexión.

RedondelaTV aposta polas novas tecnoloxías e fai uso das redes sociais, a web 2.0, o vídeo en directo con tecnoloxía de streaming e proximamente un servizo de navegación para dispositivos móbiles…

 

LOGORELIEVE cuadrado 300x300 Quen somos